miércoles, 10 de agosto de 2011

VERTEDOIROS INCONTROLADOS: INFORMACIÓN E PERSUASIÓN

Ricardo García Mira

Acabo de chegar de Aberdeen, Escocia, onde asistín a unha reunión de traballo. É a primeira vez que a visito, e case sei chegar, sen máis indicación, ao seu Punto Limpo de reciclaxe. Como viandante, deime conta rápidamente de que, se vivise alí, xa sabería onde tería que depositar os electrodomésticos se tivese que cambialos. Os británicos, neste senso, lévannos algo de vantaxe, polo menos no que se refire á información, compoñente primordial no sistema humano de adopción de decisións.

Como cada verán, asistimos á denuncia de ecoloxistas e veciños polo crecente número de vertedoiros incontrolados que proliferan nos arredores. As reclamacións demandan dos concellos o cumprimento da normativa legal sobre xestión do lixo. E non lles falta razón: a lei está para ser cumprida, e os infractores para seren sancionados, coa obriga de restaurar as áreas danadas e restablecer o equilibrio ecolóxico.

Unha segunda compoñente ten que ver coas normas e con cómo son interiorizadas para xerar condutas ambientalmente irresponsables. Aínda que a xente tende a respectar as normas, malia a súa complexidade, a conduta é parcialmente predicible na meirande parte dos casos. En especial, neste caso, coñecemos algúns factores relevantes. A compoñente normativa é importante nos procesos de adopción de decisións que utilizamos. En paralelo coa información ou coerción no respecto e cumprimento da lei, os seres humanos respondemos a unha norma "descriptiva" que nos revela o que fan os demáis, imitándoo, outra "prescriptiva" que nos proporciona chaves sobre a consideración social que conleva respectar a lei, e, finalmente, unha norma “inxuctiva" que nos achega a valoración social da infracción. Todas elas inflúen, dun xeito ou doutro, na conducta de verter sen control, e son elementos chave na xestión do discurso, a ter en conta nas campañas disuasorias e nas políticas de actuación en materia de loita contra os vertedoiros ilegais.

No hay comentarios: