martes, 13 de diciembre de 2011

CANNABIS: SOBRE O MALO E O BÓ DO PROHIBIDO

Ricardo García Mira

Poderíamos atopar moitas razón polas que a iniciativa do Governo Vasco para despenalizar o cultivo, a venta ou o consumo do cannabis tería que considerarse xusta e apropiada. Unha delas é o fracaso no intento de controlar o seu consumo. A penalización coexistíu có incremento do número de consumidores. Segue a ser a droga ilegal máis consumida da Unión Europea, e en España afecta a arredor dun 10% da poboación (máis dun 20% en xóvenes), sendo o primero país europeo en consumo desta sustancia. Nos pacientes que reciben tratamento por problemas de adicción, o cannabis é a segunda sustancia declarada, despois do alcohol. Aínda que o seu consumo tense relacionado coa aparición da psicose, non hai evidencia científica dabondo que estabreza unha relación causal, e, polo tanto a perigosidade da droga non está confirmada.

Por regra xeral, afecta a xóvenes adolescentes, que o consumen como unha droga máis, alternada có alcohol ou outras sustancias, e a adultos, cuio consumo, normalmente máis limitado, ten un carácter de compensación ou de automedicación. Un mercado regulado reduciría as ventas e o consumo entre os adolescentes, así como a súa exposición a outras drogas no mercado ilegal. A ilegalidade confire maior valor á droga e, ademáis, proporciona aos xóvenes un xeito fácil e rápido de facer cartos.

A prohibición, normalmente apoiada na desinformación e, en ocasións, en información falsa, ten esaxerado os seus perigos e a investigación científica actual non apoia a conexión coa locura noutro tempo recoñecida. Existíu moito prexuizo, proveñente dunha maior incertidume científica. Todo o mundo concorda con que, ao igual que o alcohol ou o tabaco, non é boa para os nenos, pero utilizada con moderación non ten por qué ter un impacto dañino para os individuos adultos ou para a sociedade. A súa efectividade médica ten sido demostrada en múltiples ocasións en trastornos de distinta consideración, aliviando a dor, reducindo as náuseas, ou suavizando outros síntomas para os que outros tratamentos médicos convencionais non tiveron éxito.