jueves, 15 de agosto de 2013

UN SALARIO INFERIOR PARA UNA EDUCACIÓN SUPERIOR

Ricardo García Mira

Trabajar en una institución de educación superior no necesariamente implica hoy disfrutar de un salario superior a muchos empleos comunes de otros sectores. Ser hoy profesor requiere una alta especialización para actuar en espacios nacionales e internacionales muy competitivos. Además de dar las clases, se requiere dirigir investigación, publicar resultados, revisar artículos y proyectos de investigación, y, por si fuera poco, todo esto que las agencias de evaluación reconocen como carrera académica y dan acceso a los complementos que premian la excelencia, no es suficiente, porque todavía hay espacios de competición que requieren mayor incentivación y motivación de logro.

Si el profesorado deja de ser competitivo, será incapaz de conectar el valor de sus resultados de investigación con lo que es relevante en términos de economía productiva en su área de influencia. La conexión de la investigación con la innovación en el sistema productivo, hacen de la universidad un valor económico a proteger y apoyar. Por tanto, la educación superior y la investigación son hoy un valor económico que requiere garantía de estabilidad e incentivos.

La Xunta ha sido despiadada recortando el 5% de la masa salarial, suprimiendo los complementos que incentivan la excelencia y la competencia del profesorado para moverse hacia la innovación. La pérdida salarial acumulada se eleva ya a más del 30% en los últimos diez años. Las Universidades, por su parte, han sido poco creativas y esclavas obedientes en su reacción con la tijera sobre los salarios, reduciendo el consumo y, por tanto, su aportación a la economía, de los más de 7.000 profesores e investigadores gallegos. Nos preguntamos cuál es la ventaja de un trabajo que requiere tanta capacitación, si lo que retribuye esa mayor capacidad para innovar y mejorar nuestra economía productiva, nos es ahora arrebatado. El resultado es imprevisible. Lo que sí es seguro, es que una vez que conseguimos dar pasos y darnos a respetar por el mundo, volvemos nuevamente a las filas de atrás.

CELEBRACIÓN E LEMBRANZA

Ricardo García Mira

Na nosa cultura a festa non sempre estivo asociada á ganancia ou á chegada de algo conmemorable polo que incidía en positivo para unha comunidade. Tamén a perda de persoas queridas e célebres tivo un espazo e unha oportunidade para a conmemoración e a celebración festiva. 

O tráxico accidente ocorrido en Santiago esta semana non invita precisamente a celebrar nin a festexar nada, máis que o que poida traer consigo no que a esmerar a seguridade se refire de aquí en adiante; coma sempre, só aprendemos das tráxicas e evitables experiencias. 

Aínda que a vida ten que continuar, e unha festa patronal é máis que un día de festa, non ten que deixarse pasar sen espazo para a lembranza das persoas falecidas no accidente, que creceron e viviron na comunidade que as celebra.

Elo non ten que ser óbice, non obstante, a que no seu desenvolvemento se garden certas normas de respecto e discreción debida á dor e á ausencia que impactou non só sobre os máis directamente afectados, senón sobre toda a cidadanía.

RESPOSTAS CIDADÁS DE XESTIÓN DE CRISE

Ricardo García Mira

Comprender a natureza da resposta humana a unha emerxencia é un elemento crucial na xestión de crise. Unha vez máis, e antes de que calquera sistema alerte da magnitude dunha traxedia, a colectividade amosa, dilixente e de xeito inmediato, a súa capacidade de resiliencia para afrontar os primeiros auxilios para salvar ás vítimas que aínda tratan de entender o sucedido e saír de entre os vagóns sinistrados. Axudar a excarcerar, acudir a doar sangue, dispoñerse a actuar fronte ao impacto é algo que forma parte da capacidade humana e que políticos e expertos non sempre integran como parte do dispositivo de resposta á emerxencia. 

É a exemplar actuación dos veciños e a disposición do persoal de saúde e de emerxencias, que non dubida en estender máis alá o seu horario de traballo. É a resposta cidadá que se converte nunha resposta útil e solidaria que antepón o interese xeral a calquera outra manifestación particular. Deberan aprender algunhas organizacións políticas e canais lixo de información que xa se poñen rapidamente ao quite do que mellor poden rendibilizar política ou audiovisualmente.

A cidadanía anónima dá, unha vez máis, leccións de unidade e solidariedade, sen máis contrapartida. Trátase dun sistema que se autorregula só, para dispoñerse ao traballo cooperativo cos corpos de seguridade e de saúde, axudando e mobilizándose onde se necesite. Os enfoques comunitarios de afrontamento de emerxencias se basean precisamente na xestión destas capacidades innatas, coordinando esta disposición proactiva coa xestión doutros recursos do sistema, baseados na mobilización de policía, bombeiros e outros especialistas que interveñen na xestión dunha crise.

A efectividade da resposta conxunta fronte a tan tráxico accidente dá como resultado unha xestión adecuada da crise, na que o accidente, se ben, unha vez que ocorreu, xa non se pode evitar, pode reducirse o seu impacto, e iso é o que fai que os cidadáns galegos se sintan orgullosos, mobilizándose colectivamente na súa diminución.