Ricardo García Mira
Coordinador do
consorcio europeo GLAMURS (FP7)
O 7º Programa Cadro da Unión Europea foi durante o periodo
2007-2013 o principal instrumento de financiación da investigación na Unión
Europea. O seu sucesor, o oitavo programa, o Horizon-2020, mantén, e incluso mellora, a aposta da UE pola
investigación e a innovación cun orzamento en torno aos 80 mil millóns de
euros. A posición de España no 7º PC foi boa, situándose con 3182 millóns xestionados
no 6º posto, xunto a Alemania (7082), Reino Unido (6880), Francia (5088),
Italia (3529) e Holanda (3291), pero entre os países de cabeceira, ou sexa,
aqueles que superaron un retorno superior aos 2 mil millóns.
Os investigadores responderon ben ao programa, o que quere dicir
que comprenderon ben o novo escenario de competitividade e o que significa para
o desenvolvemento de investigación de calidade. A investigación española ten
capacidade para estar nese grupo de cabeceira, como o amosan estas cifras. Hai
falla, sen embargo, dun maior respaldo financeiro ás universidades para que poidan
éstas emprender programas de apoio á consolidación dos seus investigadores,
incentiven a súa participación e introduzan factores de motivación nas súas plantillas,
que permitan incrementar ese retorno e dignificar a investigación.
Galicia sobrevive cunha participación discreta no que a
financiación europea se refire. A USC mantén a cabeceira desde o inicio do FP7
no número e liderazgo de proxectos, á que lle sigue perto a de Vigo. A UDC, si
ben ocupa o terceiro lugar, destaca no
programa polo seu liderazgo en Galicia no ámbito de Humanidades e Ciencias
Sociais, con liñas de Sustentabilidade e Innovación Social, nas que creo que o
noso grupo tivo algo que ver (www.people-environment-udc.org).
Os investigadores, e así as universidades, fixeron os seus
deberes a pesar das restriccións. O Goberno debe recoñecer que máis do 90% da
investigación estase a facer nas Universidades e, por tanto, ten que responder
cunha política decidida. Competir en Europa para manter estes liderazgos non é gratuito,
precisa de máis inversións –actualmente centradas prácticamente en exclusiva nas
empresas-, reforzando o papel das
universidades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario