Ricardo García Mira
Comprender a natureza da resposta humana a unha emerxencia é un elemento crucial na xestión de crise. Unha vez máis, e antes de que calquera sistema alerte da magnitude dunha traxedia, a colectividade amosa, dilixente e de xeito inmediato, a súa capacidade de resiliencia para afrontar os primeiros auxilios para salvar ás vítimas que aínda tratan de entender o sucedido e saír de entre os vagóns sinistrados. Axudar a excarcerar, acudir a doar sangue, dispoñerse a actuar fronte ao impacto é algo que forma parte da capacidade humana e que políticos e expertos non sempre integran como parte do dispositivo de resposta á emerxencia.

É a exemplar actuación dos
veciños e a disposición do persoal de saúde e de emerxencias, que non
dubida en estender máis alá o seu horario de traballo. É a resposta
cidadá que se converte nunha resposta útil e solidaria que antepón o
interese xeral a calquera outra manifestación particular. Deberan
aprender algunhas organizacións políticas e canais lixo de información
que xa se poñen rapidamente ao quite do que mellor poden rendibilizar
política ou audiovisualmente.
A cidadanía anónima dá, unha vez
máis, leccións de unidade e solidariedade, sen máis contrapartida.
Trátase dun sistema que se autorregula só, para dispoñerse ao traballo
cooperativo cos corpos de seguridade e de saúde, axudando e
mobilizándose onde se necesite. Os enfoques comunitarios de afrontamento
de emerxencias se basean precisamente na xestión destas capacidades
innatas, coordinando esta disposición proactiva coa xestión doutros
recursos do sistema, baseados na mobilización de policía, bombeiros e
outros especialistas que interveñen na xestión dunha crise.
A efectividade da resposta
conxunta fronte a tan tráxico accidente dá como resultado unha xestión
adecuada da crise, na que o accidente, se ben, unha vez que ocorreu, xa
non se pode evitar, pode reducirse o seu impacto, e iso é o que fai que
os cidadáns galegos se sintan orgullosos, mobilizándose colectivamente
na súa diminución.
No hay comentarios:
Publicar un comentario