Na nosa cultura a festa non sempre
estivo asociada á ganancia ou á chegada de algo conmemorable polo que
incidía en positivo para unha comunidade. Tamén a perda de persoas
queridas e célebres tivo un espazo e unha oportunidade para a
conmemoración e a celebración festiva.
O tráxico accidente ocorrido en
Santiago esta semana non invita precisamente a celebrar nin a festexar
nada, máis que o que poida traer consigo no que a esmerar a seguridade
se refire de aquí en adiante; coma sempre, só aprendemos das tráxicas e
evitables experiencias.
Aínda que a vida ten que
continuar, e unha festa patronal é máis que un día de festa, non ten que
deixarse pasar sen espazo para a lembranza das persoas falecidas no
accidente, que creceron e viviron na comunidade que as celebra.
Elo non ten que ser óbice, non
obstante, a que no seu desenvolvemento se garden certas normas de
respecto e discreción debida á dor e á ausencia que impactou non só
sobre os máis directamente afectados, senón sobre toda a cidadanía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario